Mostrando entradas con la etiqueta Outros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Outros. Mostrar todas las entradas

lunes, 21 de diciembre de 2015

LIBROS RECOMENDADOS

          E para que a carta ós Reis Magos vaia completiña, aquí tedes unha lista de libros recomendados para a lectura de galego. Xa sabedes que me valen outros que teñades, pero que non lerades e sexan en galego para a vosa idade. Non me veñades con libros xa lidos ou para nenos pequenos porque máis de un levou un cero este trimestre en lectura...
 
          Tentei incluir un pouquiño de todo para que elixades o que máis vos guste. Pinchade na imaxe e xa vos sae o documento.

         Bo Nadal!!!!


          En canto ós libros de castelán non vos vou dar unha lista destas, pois tedes moitos na biblioteca e en formato epub para poder elexir e así non tedes que compralos. De todos xeitos, vou por algúns autores e libros clásicos que deberíades ir coñecendo e lendo á vosa idade:

STEVENSON
JACK LONDON
MARK TWAIN
JULIO VERNE
DURRELL
RODARI
CONAN DOYLE
HOFFMANN
LOVECRAFT
EDGAR ALLAN POE
WALLACE
OSCARD WILDE
BÉCQUER
NERUDA
ALCOTT
MICHAEL ENDE
ALEXANDRE DUMAS
ROALD DAHL

CS LEWIS

          Seguro que me quedan moitos clásicos para a vosa idade atrás...

          De todas formas, déixovos unha páxina de cómics recomendados para nenos que tamén me poden servir como libro de lectura.


          Pasade boas vacacións!!!!

jueves, 17 de diciembre de 2015

BO NADAL!!!

          Espero que no segundo trimestre veñamos: vós coas pilas cargadas e eu co saco da paciencia cheiño...

          Bo Nadal!!


martes, 8 de diciembre de 2015

PARA OS DE MOVIMIENTO...

          Recordade mañá traer un pincel e uns globos (quen os teña).

          Ata mañá!!!

domingo, 6 de diciembre de 2015

EXAMEN

          Aquí vos deixo o que entra no exame (tanto no de galego como no de castelán):

DETERMINANTES
PRONOMES
CONXUNCIÓNS
PALABRAS DERIVADAS E COMPOSTAS
POLISÉMICAS E HOMÓNIMAS
SIGLAS E ABREVIATURAS
EXTRANXEIRISMOS

DEBERES E EXÁMENES

Boas!!:
Por aquí preguntan os deberes que había desta semana. Eu deixeinos no cole, así que non os sei de memoria, pero se alguén os pode por como comentario, agradeceríavolo.

Os deberes eran para repasar as conxuncións, siglas e abreviaturas, homonimia e polisemia e prefixos e sufixos, pero non recordo cales eran. De todas formas, se ninguén pon os deberes e fas aqueles que vexas que van sobre isto, douchos por válidos. Un saúdo!!!

jueves, 3 de diciembre de 2015

3 DE DECEMBRO

          Hoxe, 3 de Decembro é o día internacional das persoas con discapacidade. Discapacidade ou incapacidade? É o mesmo? Ti que opinas?


viernes, 27 de noviembre de 2015

DATAS DE ENTREGA E DEMÁIS...

          Despois de 3 semanas completas de proxecto, o noso xoguete e traballo xa está chegando a bo porto. Recordade que este luns día 30 de Novembro debedes entregar:

          - FRASE FEITA (en Galego):
A frase cun debuxo e unha pequena explicación.
          - FRASE FEITA (en Castelán):
A frase cun debuxo e unha pequena explicación.



          - CONTO DE NADAL (en Galego).

          - TRABALLO ESCRITO DO XOGUETE ( en Galego)

          Déixovos as rúbricas do xoguete para que as teñades en conta (recordade que hai que poñer todo e que a parte de expresión escrita será valorada pola rúbrica tamén).

Rúbrica do xoguete pinchando na imaxe:



Rúbrica de expresión escrita pinchando na imaxe (hai que tela en conta no xoguete e no conto).:



         Por último recordade que para o DÍA 10 DE DECEMBRO debedes entregar os TRABALLOS de lingua galega e lingua castelá do LIBRO DE LECTURA (tedes na libreta, xunta as rúbricas, o guión do traballo aínda que tamén volo poño por aquí). Tivéchedes dende principio de curso para facelo, agora non me choredes. Xa sabedes que tedes que facelo no segundo e terceiro trimestre, así que lede un pouco nas vacacións de Nadal.:



  1. Portada: Realización dun debuxo, colage, pintura, etc. onde se vexa claramente o título do libro          e o seu autor, así como o voso nome.
  2. Información do libro:

a.     Título.
b.     Autor
c.     Número de páxinas.
d.     Ilustrador (se o ten).
e.     Colección e número (se o ten).
f.      Editorial e ano de edición.


            3. Información do libro:

a.     Personaxes: Relación de personaxes principais e secundarios do libro (non me fai falla todos).
b.     Palabras clave do libro: aquelas palabras que supoñedes que son as máis importantes.
c.     Esquema: Esquema curto coas ideas principais e secundarias do libro.
d.     Resumo do libro: indicando a que xérnero literario pertence (narrativa, poesía e teatro) e porque.


     4. Valoración e opinión persoal: Expresa en varias liñas a túa opinión sobre o libro: se te gustou, por que, partes máis e menos interesantes, comparación con outras historias que leches ou películas que viches, etc.


          Ánimo que vos queda pouco!!!!!! E xa sabedes que o primeiro trimestre comigo sempre é o peor....

domingo, 8 de noviembre de 2015

FOTOS, FOTOS E MÁIS FOTOS...

         Chicos e chicas, sinto non poñer antes todas estas fotos, pero acabo de saír da cama (esta febre non me deixa...). Pero ahí están:


































































































Con la tecnología de Blogger.
Quas molestias excepturi Impedit quo minus id Voluptates repudiandae kon

Popular Posts

 

VIAJE ENTRE LIBROS Template by Ipietoon Cute Blog Design