viernes, 27 de noviembre de 2015

DATAS DE ENTREGA E DEMÁIS...

          Despois de 3 semanas completas de proxecto, o noso xoguete e traballo xa está chegando a bo porto. Recordade que este luns día 30 de Novembro debedes entregar:

          - FRASE FEITA (en Galego):
A frase cun debuxo e unha pequena explicación.
          - FRASE FEITA (en Castelán):
A frase cun debuxo e unha pequena explicación.



          - CONTO DE NADAL (en Galego).

          - TRABALLO ESCRITO DO XOGUETE ( en Galego)

          Déixovos as rúbricas do xoguete para que as teñades en conta (recordade que hai que poñer todo e que a parte de expresión escrita será valorada pola rúbrica tamén).

Rúbrica do xoguete pinchando na imaxe:



Rúbrica de expresión escrita pinchando na imaxe (hai que tela en conta no xoguete e no conto).:



         Por último recordade que para o DÍA 10 DE DECEMBRO debedes entregar os TRABALLOS de lingua galega e lingua castelá do LIBRO DE LECTURA (tedes na libreta, xunta as rúbricas, o guión do traballo aínda que tamén volo poño por aquí). Tivéchedes dende principio de curso para facelo, agora non me choredes. Xa sabedes que tedes que facelo no segundo e terceiro trimestre, así que lede un pouco nas vacacións de Nadal.:



  1. Portada: Realización dun debuxo, colage, pintura, etc. onde se vexa claramente o título do libro          e o seu autor, así como o voso nome.
  2. Información do libro:

a.     Título.
b.     Autor
c.     Número de páxinas.
d.     Ilustrador (se o ten).
e.     Colección e número (se o ten).
f.      Editorial e ano de edición.


            3. Información do libro:

a.     Personaxes: Relación de personaxes principais e secundarios do libro (non me fai falla todos).
b.     Palabras clave do libro: aquelas palabras que supoñedes que son as máis importantes.
c.     Esquema: Esquema curto coas ideas principais e secundarias do libro.
d.     Resumo do libro: indicando a que xérnero literario pertence (narrativa, poesía e teatro) e porque.


     4. Valoración e opinión persoal: Expresa en varias liñas a túa opinión sobre o libro: se te gustou, por que, partes máis e menos interesantes, comparación con outras historias que leches ou películas que viches, etc.


          Ánimo que vos queda pouco!!!!!! E xa sabedes que o primeiro trimestre comigo sempre é o peor....

2 comentarios:

  1. caza faltas:
    non é persoaxe,é personaxe

    LUCAS FIERRO

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. jajajaja xa o cambio agora!!! Estás en todo, sí señor. Un positivo!!!!! ;)

      Eliminar

Con la tecnología de Blogger.
Quas molestias excepturi Impedit quo minus id Voluptates repudiandae kon

Popular Posts

 

VIAJE ENTRE LIBROS Template by Ipietoon Cute Blog Design