martes, 3 de febrero de 2015

A IDADE MEDIA

         Como xa sabedes, vamos a disfrazarnos de época medieval, pero... cal é a razón? Moi simple: todo o cole vai a ir das diferentes épocas históricas e como nós temos na nosa programación (entre outras moitas cousas) a idade media, vamos a aproveitar os disfraces na terceira avaliación, ¡a reciclar!

         Pero... como teñen que ser? Non fai falla comprar nada, ben sabedes vós facelo con cousas da casa (roupa vella, cartón e unhas pinturas dan para moito). Tamén dicirvos que non só existen os cabaleiros e as damas na idade media, tamén había campesiños, artesáns, monxes,... e algún que outro persoeiro famoso. Déixovos uns enlaces con información sobre a época para que introducirnos xa no CARNAVAL!








0 comentarios:

Publicar un comentario

Con la tecnología de Blogger.
Quas molestias excepturi Impedit quo minus id Voluptates repudiandae kon

Popular Posts

 

VIAJE ENTRE LIBROS Template by Ipietoon Cute Blog Design